Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011
Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2007 2016 (pt) → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 5 de maio de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Scottish Parliament election (en) | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Member of the 4th Scottish Parliament (en) Primeiro-ministro da Escócia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
As eleccións ao Parlamento escocés de 2011 celebráronse o 5 de maio de 2011 para escoller os 129 membros da cámara lexislativa de Escocia. Constituíron as cuartas eleccións dende o establecemento do parlamento escocés en 1999. Os comicios deron un resultado histórico, ao conseguir o Partido Nacional Escocés a maioría absoluta con 69 escanos, o que permitiu a Alex Salmond repetir coma Primeiro Ministro de Escocia.
As eleccións coincidiron coas municipais en todos os concellos de Escocia, así como ás Asembleas Nacionais de Gales e Irlanda do Norte e diversas cidades e vilas de Inglaterra e Gales.
Resultados[editar | editar a fonte]
Por primeira vez na historia, os nacionalistas escoceses atinxiron a maioría absoluta nunhas eleccións autonómicas. Ademais, os partidos de ámbito estatal sufriron severas caídas nos seus apoios populares.
Partido | Voto en circunscricións | % | +/- | Escanos | +/- | Voto rexional | % | +/- | Escanos | +/- | Escanos totais | +/- | |
Partido Nacional Escocés | 902.915 | 45,39 | + 12,46 | 53 | + 32 | 876.421 | 44,04 | + 13,3 | 16 | - 9 | 69 | + 23 | |
Partido Laborista | 630.461 | 31,69 | - 0,45 | 15 | - 20 | 523.559 | 26,31 | - 2,85 | 22 | + 13 | 37 | - 7 | |
Partido Conservador | 276.652 | 13,91 | - 2,69 | 3 | - 3 | 245.967 | 12,36 | - 1,55 | 12 | - 2 | 15 | - 5 | |
Partido Liberal-Demócrata | 157.714 | 7,93 | - 8,25 | 2 | - 9 | 103.472 | 5,20 | - 6,1 | 3 | - 3 | 5 | - 12 | |
Partido Verde Escocés | - | - | - | - | - | 87.060 | 4,38 | + 0,33 | 2 | + 1 | 2 | + 1 | |
Independente | 12.357 | 0,62 | - 0,62 | 0 | 0 | 22.306 | 1,12 | + 0,08 | 1 | 0 | 1 | 0 | |
Outros | 9.123 | 0,46 | - | 0 | 0 | 131.071 | 6,58 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||
Total |
1 989 222 | 100 | - | 73 | - | 1 991 051 | 100 | - | 56 | - | 129 | - |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Scottish election: SNP wins elections (Eleccións escocesas: O Partido Nacional Escocés gaña as eleccións). Nova da BBC. (en inglés)